inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

A actriz Mela Casal recibe o Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual

2019-02-22

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu homenaxear co Premio de Honra Fernando Rey de 2019 á actriz e dobradora galega Mela Casal polo seu traballo a prol da construcción do audiovisual galego dos últimos trinta anos, ser unha das nosas pioneiras e un dos rostros máis coñecidos do noso audiovisual.

Mela Casal naceu en Boqueixón, en 1948. Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutras serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007. Os espectadores e espectadoras da Televisión de Galicia lembrarana tamén de emblemáticas ficcións como Rías Baixas, Pratos combinados, Padre Casares e Terras de Miranda, sen esquecer o seu papel de Socorito en Luar. En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre ou a recentemente multipremiada Fariña (Antena 3).

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org