inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

A serie HIERRO producida por Portocabo seleccionada no Festival Series Mania

2019-02-22

HIERRO vén de ser seleccionada no prestixioso festival francés Series Mania, sendo a única representación española do festival. A serie HIERRO con selo Movistar+ está coproducida pola empresa galega Portocabo, a francesa Atlantique Productions e a canle ARTE.

Un corpo sen vida e con signos de violencia aparece na illa canaria de Hierro. Díaz, un empresario local, é enviado a prisión como principal sospeitoso. Candela, unha xuíza con temperamento e relegada á illa, toma a decisión de liberar a Díaz baixo fianza, unha acción moi impopular que esperta a desconfianza no territorio. Candela manterase firme na súa obrigación mentres Díaz sae para probar a súa inocencia e pescudar quen lla xogou. Así comeza un camiño físico e emocional ao inferno.

Ligazóns
http://seriesmania.com/en/program/international-panorama



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org