inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Seminario permanente de comunicación e Xénero

2019-03-13

A segunda sesión do Seminario explora as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencelladas ao xénero e faino o dende cinema como medio para encaralas. Desta volta, colabora coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) complementando o ciclo que, baixo o mesmo título, Muller nas Estremas, proxecta do 26 ao 28 de marzo unha serie de filmes sobre a figura da muller como viaxeira, migrante ou exiliada, que exploran a(s) fronteira(s) como lindes á súa mobilidade física e simbólica.

Programa: 16:30 Recepción e presentación. Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela). 16:45 Unha cámara só para ela: A construción de identidades a través do cinema Ana Catarina Pereira. (Universidade da Beira Interior, investigadora do centro LabCom.IFP e xornalista). 18:00 Pausa. 18:15 Soft monies/ Hard realities: xénero, tecnoloxía e fronteira nos vídeo-ensaios de Ursula Biemann Elena Oroz. (Universidad Carlos III de Madrid, Centro TAI da Universidad Rey Juan Carlos, crítica cinematográfica e programadora). 19:30 Fin da sesión.

Ligazóns
http://estudosaudiovisuais.org/es/inicio/
Programa


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org