inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Culturgal renova directiva e arranca a organización da Feira 2019

2019-03-12

Arrancan os traballos para a organización de Culturgal 2019 despois da reunión da directiva da asociación o pasado xoves 7 de marzo en Santiago de Compostela. Víctor López, representante de EGANET (Empresas Galegas Adicación á Internet), presidirá a asociación os próximos dous anos tras facerse cargo o pasado ano de maneira interina. A décimo segunda edición de Culturgal celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A principios do verán a organización abrirá as convocatorias de stands e programación ademais de presentar a imaxe e anunciar as novidades 2019.

Culturgal é unha asociación de asociacións. En concreto, reúne as asociacións máis representativas do sector cultural en Galicia: Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas da Música (AGEM) e Empresas Galegas dedicadas á Tecnoloxía (EGANET). A Feira conta cos patrocinios institucionais da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura. En 2018, ademais contou coa colaboración especial da Deputación da Coruña. Tres mulleres e dous homes compoñen a xunta directiva, que queda conformada do seguinte xeito: ademais de Víctor López como presidente son vogais: Mercedes Castro de Escena Galega, Henrique Alvarellos pola AGE, Uxía Caride de Agapi, e Beatriz Fernández, de AGEM. Da coordinación da Feira encargarase o editor e xestor Xosé Aldea e o seu equipo, que levan desenvolvendo esta tarefa desde hai seis anos.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org