inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Manolo González, un dos grandes impulsores do audiovisual galego, recibirá a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine

2019-04-12

A mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine será para Manolo González, produtor, guionista, docente, investigador de cine e, sen dúbida, un dos principais impulsores do audiovisual galego. A entrega terá lugar o 1 de maio ás 21.00 na gala de inicio do certame, que este ano celebrarase no barrio do Calvario e ao aire libre co fin de promover un festival máis aberto e colaborativo.

O Festival Primavera do Cine quere deste xeito recoñecer a súa ampla traxectoria e o seu compromiso no eido audiovisual. De feito, foi un dos creadores e directores da Escola de Imaxen e Son de A Coruña (1990-1998), dirixiu tamén a Academia Galega do Audiovisual (2006-2009) e foi un dos ideólogos de Chanfainalab, un certame cinematográfico creativo e participativo feito no concello de San Sadurniño (Ferrol) que naceu en 2014 e no que segue participando como coorganizador. Ademais, con esta mención honorífica tamén se quere premiar o apoio que ofrece ás novas xeracións e, por suposto, ao traballo didáctico que fai día a día co obxectivo de dar a coñecer o cinema e a historia da comunidade galega. Por suposto, Manolo González estivo detrás dunha infinidade de proxectos. Así, foi responsable da Área de Cine e Vídeo da Dirección Xeral de Cultura, onde implementou as primeiras axudas públicas ao cine e vídeo galegos e entre 1984 e 1985 estivo ao fronte da Videoteca de Galicia, que despois se convertería no CGAI. Ademais, tamén traballou en VideoVoz TV, Dygra Filmes e realizou diversas labores de investigación. Así mesmo, hai que destacar os numerosos premios que recibiu, entre os que destacan en 2003 o premio dos Mestre Mateo José Sellier pola posta en marcha da Escola de Imaxe e Son, en 2014 o premio honorífico Fernando Rey, tamén dos Mestre Mateo, precisamente por esa incansable paixón que ten ao mundo do audiovisual galego ou en 2016 Premio de honra de CREA (Asociación de directores creadores audiovisuais de Galicia) polo seu compromiso cos directores e creadores audiovisuais galegos. En definitiva, a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine recae este ano nunha persoa comprometida co cinema galego, cunha traxectoria vinculada ao mundo audiovisual de máis de 30 anos e que ao que aínda lle queda moito por facer.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org