inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Aberto prazo de recepción de obras para o Festival Novos Cinemas

2019-05-02

Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 04 de Novos Cinemas - Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 10 e o 15 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2019, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nen exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscripción a concurso. O período de admisión de filmes estenderase dende o 30 de abril ata o 31 de xullo de 2019.

Ligazóns
http://www.novoscinemas.com/es/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org