Rolda de prensa da película SOMOS GENTE HONRADA
22/05/2013
Mañá xoves, 23 de maio, terá lugar a rolda de prensa de presentación da película SOMOS GENTE HONRADA, producida por Vaca Films e El Terrat. A cita será ás 12:30h no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Intervirán: Alejandro Marzoa, director da película; Unax Ugalde, actor; Maria José Giráldez, presidenta do Círculo Recreativo Cultural do Porriño e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.
Chega a Santiago de Compostela a exposición BARCELONA, A FACHADA DO CINEMA
20/05/2013
A exposición Barcelona, a fachada do cinema, formada por unha trintena de acuarelas de Josep Marfà, pertencentes á Colección Josep M. Queraltó, instalarase no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago, do 23 de maio ao 30 de xuño, como resultado dun acordo entre a Fundación Aula de Cine, Acadèmia do Cinema Català e a Academia Galega do Audiovisual así como a colaboración da Universidade de Santiago.
I Xornadas sobre Economía de Guerra, Propostas Alternativas á Industria Audiovisual
14/05/2013
Dende hoxe, 14 de maio, ata o vindeiro xoves día 16 terá lugar na Coruña, na Escola de Imaxe e Son, as I Xornadas sobre Economía de Guerra, Propostas Alternativas á Industria Audiovisual Actual organizado polo colectivo Somos Os Elixidos.
Master Class con Ángel de la Cruz organizada por AGAG
03/05/2013
A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza unha Master Class de Guión Adaptado con Ángel de la Cruz. A Master Class: Da novela gráfica ao guión de animación, terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela entre as 17.00 h. e as 20.30 h. o vindeiro venres 10 de maio.
Rúa Mónaco, 7, baixo A | 15707 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | fax: +34 981 564 322 | e-mail: prensa@agapi.org